Cargando resultados...
O Celta Fortuna busca a final polo ascenso contra o Europa (16:15 h, TVG)
O filial parte con vantaxe despois do 1-1 da ida en Can Dragó
G24.gal
06/06/2026 13:08
A eliminatoria viaxa de Can Dragó a Balaídos, onde non haberá lugar para a especulación malia o valor do empate. Os xogadores do Fortuna saben que, logo de igualar o gol inicial do Europa en Barcelona, xogar a empatar na casa sería un erro. Para Fredi é imprtante poñerse por diante canto antes.
O técnico intenta frear o exceso de confianza. Os xogadores rebordan autoestima. Apostan, ademais, por non encaixar. Este domingo (16:15 horas) na Televisión de Galicia, último chanzo antes da eliminatoria definitiva cara a Segunda División.