Publicador de contidos

Publicador de contidos

Claudio "asustado" por un mercado "vertixinoso"

Claudio "asustado" por un mercado "vertixinoso"

Quere incorporar un central dereito, un mediocentro e un xogador ofensivo 

Giráldez incluíu na lista o lateral esquerdo Javi Galán e o dianteiro Pablo Durán, que este mediodía recibiron a alta médica

G24.gal 21/08/2026 14:20 Última actualización 22/08/2026 14:33

Claudio Giráldez compareceu ante os medios para analizar o partido desta segunda xornada de liga ante o Valencia. Será a estrea dos celestes tras non poder xogar en Balaídos o primeiro encontro debido ao estado do céspede.

Máis aló do choque, moitas das preguntas ían encamiñadas ao mercado. O técnico abordou diferentes nomes e deu detalles das incorporacións que faltan por chegar e das súas prioridades. Aínda así, antepuxo un aspecto clave no seu equipo á chegada de máis reforzos. Para Claudio, o máis importante é que non salgan máis xogadores do vestiario, despois das diferentes baixas que xa se produciron e os rumores como o de Javi Rueda, quen conta con interese na Premier League cunha importante proposta sobre a mesa.

"Primeiro paréceme determinante que non se nos vaian xogadores, é clave".

Está moi temeroso polo final do mercado de fichaxes.

"Creo que o mercado vai ser vertixinoso. Asústame, este ano vai estoupar en datas finais".

O técnico quere tres fichaxes máis.

"Central dereito, mediocentro e xogador ofensivo por esa orde de prioridade".

Giráldez incluíu na lista o lateral esquerdo Javi Galán e o dianteiro Pablo Durán, que este mediodía recibiron a alta médica tras completar ao mesmo ritmo que os seus compañeiros a sesión de adestramento na cidade deportiva Afouteza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade