Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un mozo mata supostamente a súa nai en Vilagarcía de Arousa e precipítase desde un terceiro piso

Un mozo mata supostamente a súa nai en Vilagarcía de Arousa e precipítase desde un terceiro piso

A investigación apunta a que un mozo, de 22 anos, atacou á súa nai, de 61 anos, que foi atopada boca abaixo e "entre abundante sangue"

Nun edificio da rúa Duque de Rivas Nun edificio da rúa Duque de Rivas
G24.gal 05/09/2025 19:36

A Policía Nacional investiga como un posible caso de matricidio a morte violenta dunha muller en Vilagarcía de Arousa tras precipitarse o seu fillo desde un terceiro piso.

O suceso produciuse sobre as 18:30 horas deste venres nun edificio da rúa Duque de Rivas.

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, indicou que a investigación apunta a que un mozo, de 22 anos, atacou á súa nai, de 61 anos, que foi atopada boca abaixo e "entre abundante sangue".

O home, que sufriu lesións moi graves, atópase ingresado no Hospital do Salnés, custodiado pola Policía Nacional, en estado crítico.

Abel Losada sinalou que, a expensas do resultado final das investigacións que se atopan nunha fase moi iniciais, pódese apuntar "con toda a prudencia" a que non hai participación de máis persoas neste suceso.

Ata o punto desprazáronse a Policía Nacional e Local, así como os profesionais sanitarios que atenderon ao home.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade