Pedro Rollán, elixido presidente do Senado grazas á maioría absoluta do PP
PERFIL: Un xestor para un Senado de signo político contrario ao Congreso
Houbo 114 senadores que votaron en branco, entre eles os 88 do PSOE
Maroto e Vara vicepresidentes primeiro e segundo e PP E PSOE reparten as segredarías
O senador do PP Pedro Rollán foi elixido presidente do Senado na sesión constitutiva da Cámara Alta para a XV lexislatura en primeira votación ao ter a populares maioría absoluta.
Rollán, que foi o senador máis votado nas eleccións xerais, obtivo 142 votos a favor mentres que 114 senadores votaron en branco, entre eles os 88 do PSOE.
Os 142 votos obtidos polo PP supoñen 12 votos máis da maioría absoluta fixada en 130 dado que só hai acreditados 259 senadores dos 266 que compoñen a Cámara Alta pois faltan por designar sete autonómicos.
O outro candidato que optaba á Presidencia era Anxo Pelayo Gordillo, por parte de Vox, que sumou os tres votos dos seus tres senadores.
O senador do PP Javier Maroto foi elixido vicepresidente primeiro da Mesa do Senado en mentres que o candidato do PSOE, o expresidente da Junta de Extremadura Guillermo Fernández Vara, sumou 98 votos, o que o sitúa como vicepresidente segundo.
O PP e o PSOE repartíronse as catro segregarías que conforman a Mesa do Senado onde, con todo, a maioría absoluta dos populares dálles máis representación (catro dos seus sete membros) ao sumar ao presidente e ao vicepresidente primeiro.
A secretaría primeira á senadora valenciana do PP Eva Ortiz sacaou 142 votos mentres que a segunda foi para a parlamentaria popular por Madrid María del Mar Blanco, con 139 apoios.
A senadora do PSOE por Córdoba María de los Ángeles Luna ocupará a secretaría terceira con 112 votos e o senador socialista electo por Lanzarote Francisco Manuel Fajardo, a cuarta con 110 votos.
Aínda que a cámara está composta por 266 senadores (208 son electos e 58 designados por parlamentos autonómicos), só ten escano actualmente 259 xa que faltan por nomear sete autonómicos, correspondentes ás comunidades de Murcia, Aragón, Asturias, A Rioxa e Navarra.
Tras a constitución da Mesa, os seus membros acataron a Constitución ben con xuramento ou promesa e posteriormente o resto de senadores fixérono por orde alfabética.
A sesión constitutiva finalizou coa lectura do informe da Deputación Permanente da XIV lexislatura e o discurso do novo presidente da Cámara Alta.