Margarita Robles supervisa o dispositivo da operación Centinela Galego
Na base da Brilat fai un chamamento á responsabilidade cidadá contra os incendios
A ministra de Defensa en funcións visitou a base da Brilat en Figueirido. De aquí proceden parte das 30 patrullas que vixían boa parte do territorio galego 24 horas ao día, os sete días da semana desde medidados de agosto a finais de setembro no marco da operación Centinela Galego. Froito da colaboración da Xunta con Defensa, mantense desde 2008. Na deste verán os militares xa alertaron de 23 incidentes relacionados co lume.
"Ese traballo da Xunta co Ministerio de Defensa, en concreto coa Brilat e coa Armada está funcionando nesa labor de disuasión", asegurou a ministra.
Robles aproveitou para facer un chamamento á responsabilidade da cidadanía.
"Concienciar á poboación do risco dos incendios, sobre todo que teñan moito coidado coas queimas de restrollos. Vimos estes días en Tenerife que todo indica que sexa un incendio provocado. Hai que ter moito coidado porque estas vagas de calor son moi perigosas", dixo a ministra.
No transcurso da visita puido ver os novos medios con que van contar os 98 militares da Operación Centinela Galego, entre eles unha ambulancia e 25 vehículos URO. Este ano incorporan á vixilancia un novo distrito forestal, o de Monforte. Inclúe o concello de Folgoso do Courel que o ano pasado sufriu un dos incendios de maior impacto ecolóxico.