Cargando resultados...
Zanelli: "Saímos sabendo que todos os partidos son finais"
O bigoleador do Arenteiro falou co Galicia en Goles trala vitoria en Leganés

G24.gal
12/03/2022 20:54
O atacante brasileiro chegou hoxe á cifra de doce goles nesta temporada. Anotou Zanelli dous dos tres que lle serviron ao conxunto carballiñés para vencer e saír, moitas semanas despois, de postos de descenso.
"Non son heroe, foi traballo de todo o equipo. Non penso no numero de goles. Penso en sacar o equipo de aí abaixo e salvar a situación o antes posible. O partido era moi importante. Sabemos que todos os partidos son finais e saímos sabendo isto. Un dos nosos obxectivos era gañar fóra pero hai que seguir e gañar na casa"