Publicador de contidos

Publicador de contidos

Yolanda Díaz considera que a reforma laboral ten un impacto de xénero positivo

Yolanda Díaz considera que a reforma laboral ten un impacto de xénero positivo

A ministra de Traballo pon en valor o traballo das mulleres no sector da conserva, onde son maioría

 

G24.gal 01/10/2022 15:57 Última actualización 01/10/2022 17:37

A ministra de Traballo, Yolanda Díaz, mantivo unha xuntanza en Vigo coas traballadoras do sector da conserva de peixe e elaborados do mar para dar voz e protagonismo a un gremio que cualificou de "clave para o noso país". Foi nun foro organizado por CC OO.

O Museo do Mar foi o lugar elixido para escoitar de primeira man as condicións laborais dun traballo fortemente feminizado no que se detectaron "abusos contractuais" tras inspeccionárense 97 empresas do sector en Galicia.

Segundo desvelou, as fábricas sumaban case 2.500 traballadores e traballadoras, o 81 % mulleres e, tras a reforma laboral, corrixíronse algunhas das "irregularidades" detectadas que transformaron a precariedade en "contratos indefinidos".

Yolanda Díaz considera que o novo texto legal "ten un impacto de xénero" positivo, ao contrario do que aconteceu coa lei aplicada polo Goberno de Mariano Rajoy que, ao seu parecer, "castigou especialmente as mulleres".

Ademais, falou de graves problemas nas condicións de moitas destas traballadoras, frío e humidade, que provocan graves enfermidades laborais que se teñen que ter en conta.

A ministra de Traballo, que mantivo este venres outra xuntanza coas mariscadoras en Carril, fala de corrixir e mellorar estas condicións de traballo mediante a suba de salarios e a dignificación destes sectores. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade