Publicador de contidos

Publicador de contidos

Yolanda Díaz esíxelle a Sánchez que acabe cos aforamentos e vete as empresas que pagan comisións

Yolanda Díaz esíxelle a Sánchez que acabe cos aforamentos e vete as empresas que pagan comisións

A vicepresidenta reclama garantías para evitar que a corrupción se estenda no PSOE

Sumar esixe un "xiro de 180 graos" e transparencia no Goberno de coalición

Rueda sobre Feijóo: "Representa a seriedade, limpeza e rectitude que a cidadanía demanda"

G24.gal 16/06/2025 20:50 Última actualización 16/06/2025 21:41

A ministra de Traballo e líder de Sumar, Yolanda Díaz, reclamou este luns ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que elimine os aforamentos e vete nas administracións públicas a aquelas empresas que paguen subornos. Tamén lle esixiu garantías de que a corrupción non se estenderá dentro do PSOE.

“O PSOE non pode actuar como se nada pasase, porque é algo moi grave, rompe a confianza e require extirpar a corrupción”, afirmou Díaz nunha rolda de prensa no Ministerio de Traballo tras participar na primeira reunión entre Sánchez e os grupos que apoiaron a súa investidura, celebrada no Palacio da Moncloa.

A vicepresidenta segunda volveu expresar o malestar de Sumar co funcionamento do Executivo e pediu un “reseteo da lexislatura”, con cambios “respectuosos, con prazos e de forma transparente”.

Díaz considerou “insuficientes” as explicacións ofrecidas por Sánchez ata o de agora e reclamoulle unha limpeza a fondo de todos os espazos de poder que puidesen verse afectados pola presunta trama de corrupción do caso Koldo.

Outros aliados parlamentarios xa falaron con Sánchez, ao que lle pediron máis contundencia contra a corrupción.

 O BNG advirte que o seu apoio é puntual e suxeito ao cumprimento dos acordos de investidura. O PNV pídelle transparencia a Sánchez e advírtelle que estarán atentos a novas revelacións sobre o caso Koldo.

Podemos renunciou a participar na rolda de contactos co presidente do Goberno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade