Cargando resultados...
O PPdeG convoca un encontro de concelleiras para celebrar triunfos "en feminino"
O PPdeG convoca un encontro de concelleiras para celebrar triunfos "en feminino"
Os populares destacan que son o partido con máis concelleiras e alcaldesas de Galicia
G24.gal
13/06/2024 14:50
O Partido Popular de Galicia reúne esta fin de semana 700 concelleiras e 9 alcaldesas na Cidade da Cultura de Santiago. Falarán do papel das mulleres na política.
O encontro da formación será inaugurado polo líder do partido e presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e servirá tamén para reivindicar que o PPdeG é "o partido con máis concelleiras e con máis alcaldesas, un total de 29", destacou Paula Prado, secretaria xeral do PPdeG.