Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xunta e universidades traballarán para descentralizar a docencia en Medicina

Xunta e universidades traballarán para descentralizar a docencia en Medicina

O obxectivo é que se impartan clases tamén na Coruña e Vigo a partir do cuarto curso

A UDC non renuncia ao grao e a USC non ten "liñas vermellas", aínda que insiste en manter o acordo de 2015, o cal a comisión, presidida pola UVigo, buscará reeditar

G24.gal 10/06/2025 13:00

Xunta e universidades crean un grupo de traballo para descentralizar a docencia no grao de Medicina, pero mantendo a única facultade, de Santiago.

O obxectivo é que as clases prácticas, e incluso as teóricas, se dean tamén na Coruña e Vigo, a partir de 4º curso, e así poder integrar na formación toda a tecnoloxía e profesionais de hospitais como o CHUAC.

O que quedaría descartado, en principio, é esa nova facultade de Medicina que demanda a Universidade da Coruña. O reitor, Ricardo Cao, di que están dispostos a participar nese grupo de traballo para mellorar a docencia clínica pero tampouco renuncian á súa proposta de implantar un novo grao

O grupo queda constituído por nove representantes e presidido polo reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, para buscar unha reedición do acordo alcanzado en 2015 para a descentralización do Grao de Medicina, sen descartar agora que afecte tamén á docencia teórica.

"Non hai liñas vermellas", dixo o reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López. A pesar diso, a Universidade da Coruña (UDC) volveu confirmar que seguirá adiante coa súa proposta para contar cun grao propio, tal e como anunciou semanas atrás de maneira sorpresiva e contra a postura do Goberno galego e da USC.

Este martes reuniuse na Cidade da Cultura, na capital galega, o Consello da Docencia Clínica, copresidida polos conselleiros de Educación e Sanidade, Román Rodríguez e Antonio Gómez Caamaño, respectivamente, e á que asistiron, entre outros, os tres reitores das universidades públicas: Antonio López (USC), Manuel Reigosa (UVigo) e Ricardo Cao (UDC).

Á saída, compareceron todos eles ante os medios de comunicación para anunciar -a pesar de que nin a USC nin a UDC parecen achegar posturas- o novo grupo de traballo malia que hai case tres meses xa se acordou constituír unha comisión similar para profundar no acordo de descentralización de 2015.

Segundo este último, parte da docencia práctica pasaríase a Vigo e A Coruña, pero o único Grao en Medicina de Galicia seguiría sendo o de Santiago.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade