Cargando resultados...
Xulgan en Barcelona catro axentes dos Mossos d'Esquadra
Acúsanos de violencia policial na detención dun rapaz, de detención ilegal e de falsidade no atestado

G24.gal
08/04/2024 21:01
Última actualización 08/04/2024 21:11
Comezou na Audiencia Provincial de Barcelona o xuízo contra 4 mossos d'esquadra acusados de uso excesivo da forza contra un rapaz que estaban a identificar.
Os feitos ocorreron en novembro de 2020, cando estaba en vigor o toque de queda pola pandemia. A actuación policial quedou gravada nun vídeo realizado cun teléfono móbil.
Segundo as acusacións, a actuación policial causoulle ao rapaz a perda de tres dentes. Tamén acusan os axentes de detención ilegal e de falsidade no atestado.