Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un perito da defensa do ADIF reponsabiliza do accidente a desatención do maquinista

Un perito da defensa do ADIF reponsabiliza do accidente a desatención do maquinista

Antonio Puyol recoñeceu que antes do accidente de Angrois os cambios bruscos de velocidade non se consideraban un perigo

Di que a contención do risco da infraestrutura se fai rebaixando moito o límite de velocidade que se pon no cadro dos maquinistas

G24.gal 31/01/2023 08:21 Última actualización 31/01/2023 16:07

O primeiro en declarar na última semana da fase penal no xuízo do Alvia foi o autor dos informes periciais contratados polo ADIF. Antonio Puyol recoñeceu que antes do accidente de Angrois os cambios bruscos de velocidade non se consideraban un perigo.

"Agora vese moi obvio que un maquinista poida estar desatendendo a súa ocupación durante cen segundos, pero antes non, non podiamos pensar niso. Non aflorara ese risco. 

A contención do risco neses casos, dixo, xa estaba implícita no cadro de control de velocidades que sempre daba unha marxe moi ampla de reacción ao fixar topes moi baixos. Polo tanto, ao seu entender, é responsabilidade do maquinista complementar a seguridade mantendo a velocidade marcada para cada zona, "que ten unhas marxes de seguridade moi amplas", recalcou Puyol.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade