Xosé Merelles: "É moi importante a disposición de Portugal para mimar os Camiños de Santiago"
O Camiño portugués pola Costa é a ruta xacobea que máis medra. Ata xullo, transitárona 46.000 mil peregrinos, un 20% máis có ano pasado nestas datas
Turismo de Galicia insiste en pedir que o concello de Vigo se implique na sinalización do treito que pasa pola cidade
O Camiño portugués da Costa bordea o litoral luso dende Lisboa e entra en Galicia pola Guarda.
Nos últimos meses, convertiuse na ruta xacobea que máis medra. Así o asegura o director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles que, nunha entrevista a Radio Galega, deu as claves dese tirón.
Ten que ver coa disposición de Porrugal para manter e mimar os camiños de Santiago. tamén coa conectividade que ofrece o aeroporto de Porto e coa beleza do percorrido entre A Guarda e Redondela.
A gran maioría dos que fan o Camiño portugués, o 83%, son estranxeiros. Veñen sobre todo dos Estados Unidos, Alemaña, Portugal e Italia. Fan estancias longas e veñen a Galicia en calquera época do ano, o que contribúe a desestacionalizar o turismo.
A falta de implicación do concello de Vigo
O Camiño portugués pola Costa discorre pola cidade de Vigo, que segue sen ter a ruta sinalizada.
A Xunta, canda os comerciantes e hostaleiros, reparten mapas informativos ós camiñantes, que tamén teñen á súa diposición unha aplicación web para non perderse nese treito.
O director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, non entende as reticencias do concello vigués.
Vigo é cidade xacobea. Está no sustrato da achega turística á cidade de Vigo. O ano pasado pasaron trescentas persoas ó día pola cidade de Vigo, a gran maioría persoas que pernoctan na cidade, polo que non non se entende esa reticencia a sinalizada.
Dentro das dez rutas Xacobeas máis coñecidas, o Camiño da Costa estaría no terceiro posto. Por riba del, atópanse o Portugués e o Francés, que aglutinan o groso dos peregrinos que chegan a Compostela.
Novo récord de peregrinos.
Turismo de Galicia sinala que no que vai de 2025, xa recibiron a Compostela máis un 8% máis de peregrinos comparación co ano pasado polas mesmas datas, polo este ano se acadará un novo récord
Para Xosé Manuel Merelles, o éxito do Camiño de Santiago nos últimos anos reside en que se acondicionaron as rutas para que os peregrinos puidesen vir durante todo o ano.
O Camiño de Santiago é un escaparate de Galicia conseguirmos que os peregrinos viñesen aquí durant todo o ano, non só nos meses de verán. Iso contribúe a evitar as masificacións doutro tipos de peregrinacións e os problemas de convencia.