Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xornada redonda para o Deportivo Abanca, que recupera o primeiro posto

Xornada redonda para o Deportivo Abanca, que recupera o primeiro posto

Gañoulle ao Athletic B cun gol de Raquel García no minuto 87

Aproveitouse do empate do Cacereño e da derrota na casa do Éibar

G24.gal 01/02/2023 18:49

O Deportivo Abanca cumpriu cun triunfo diante do Athletic B e o resto de equipos cos que pelexa polo ascenso tropezaron nesta xornada. Por 2-1 logrou un triunfo moi apertado o equipo coruñés, que tivo que agardar ata o minuto 87 para certificar a vitoria cun gol de Raquel García. 

Ahinoa Marín marcara na primeira metade e o Deportivo dominou por completo o partido con moitas ocasións para facer o segundo. A mala sorte, cun gol en propia porta da súa porteira, fixo que empataran as visitantes, que se defenderon á procura de sacar un empate. 

As outras favoritas, Éibar e Cacereño, tropezaron nesta xornada. As eibarresas perderon na casa co Osasuna (0-1) e o Cacereño empatou no campo do Español (0-0), co que as do Abanca recuperan a primeira posición. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar