Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xornada pola salvación na ACB marcada pola situación de McLemore

Xornada pola salvación na ACB marcada pola situación de McLemore

O Obradoiro abre a xornada esta tarde no Sar contra o Manresa (18 h)

O Breogán marchou cara a Vitoria sen McLemore para o partido de mañá (12:30 h)

G24.gal 13/04/2024 14:03

O Breogán viaxou esta mañá cara Vitoria sen a presenza do seu xogador franquicia Ben McLemore que se encontraba viaxando dos Estados Unidos once esta semana acudiu declarar pola acusación de distintos cargos de índole sexual.

O adestrador, Veljko Mrsic, so quixo confirmar que "Temos once xogadores”.

Enfronte estará un Baskonia que ven de gañar en Boloña cun Howard estelar autor de 34 puntos.

"Poucos equipos conseguiron frealo. Ultimamente está en moi boa forma hai que cansalo", afirmou Mrsic.

O Obradoiro pola súa parte recibe esta tarde o Manresa coa baixa de Kovliar e a dúbida de Timma por unha lumbalxia. Malia estes problemas, Moncho Fernández ten claro por onde pasan as posibilidades de vitoria: "Todo o que non sexa frear o seu xogo de contraataque e transicións e todo o que non sexa rebotear e eliminar esa fonte de anotación tan importante que é para Manresa o rebote de ataque, se non cumpres estas dúas, da igual o que fagas. Isto é fundamental e vai ser a chave do partido".

As seis no Sar, Obradorio buscará dar un salto na clasificación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar