Publicador de contidos

Xornada esixente para o Rácing, Deportivo e Celta B

Xornada esixente para o Rácing, Deportivo e Celta B

G24.gal 19/11/2022 14:56

O Rácing busca o punto e final ao seu mal momento de resultados. Entre a liga e a copa leva 3 derrotas seguidas, e sen marcar gol. Mañá a mediodía visita a Balompédica Linense, equipo da zona baixa pero que gañou dous partidos desde que mudou o adestrador hai 3 xornadas.

Ian Mackay finalmente recibiu hoxe a alta médica e entrou na convocatoria do Deportivo. Eliminados da Copa, os de Óscar Cano céntranse en posicionarse mellor na liga. Buscarán a que sería a terceira vitoria consecutiva.

De volta a Riazor, tres semanas despois, mañá ás 7 recibirán á Cultural Leonesa, que vive outra temporada mediocre.

Baixas: Villares, Borja Granero e Pablo Martínez.

Tamén xogará na casa o Celta B, mañá ás 12 recibirán ao Raio Majadahonda, que ten só un punto máis. Gañando, os vigueses sairían do descenso.

Para iso terán que rachar a mala dinámica como locais, porque teñen pendente a primeira vitoria na casa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos