Xornada decisiva da 1ª RFEF, que empeza coa estrea como local de Señor (19:00, G2)
O Celta B tamén adianta o seu partido diante do Sanse ao sábado
Rácing e Deportivo terán o domingo partidos estelares diante do Alcorcón e Real Madrid Castela
As cámaras da Galega estarán esta fin de semana en Riazor nun dos encontros da xornada. Segundo contra terceiro clasificado. O Deportivo recibe o filial do Real Madrid. Os brancos chegan a Riazor tras dúas derrotas consecutivas. De feito, dende mediados de xaneiro perderon dez puntos. Pola contra, os coruñeses suman 7 xornadas sen perder e cinco sen encaixar gol.
E partidazo tamén o que se xogará no Santo Domingo, a onde acode o Rácing. Os de Cristóbal Parralo, cuartos na clasificación, mídense ao líder nun gran momento competitivo. Xa son oito as xornadas sen perder.
Na súa pugna por entrar en postos de playoff, O Celta B visita o Sanse. Claudio Giráldez, que volve ao banco, non poderá contar con oito xogadores por diversos motivos. Regresa Lautaro que a pasada semana cumpría ciclo de tarxetas. Isto nos dicía fai sete días.
O Pontevedra buscará sumar de tres ante o Alxeciras para achegarse á salvación. O partido de Pasarón, que poderán seguir na G2 e en G24, será o primeiro de Juan Señor na casa.