Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xabier Larrañaga: "A ACT feminina aumentará a oito equipos e dous serán galegos"

Xabier Larrañaga: "A ACT feminina aumentará a oito equipos e dous serán galegos"

O responsable de comunicación da Liga Euskotren confirmouno na Bandeira da Coruña disputada esta fin de semana

G24.gal 10/07/2022 18:39

A enseada de Riazor e o Orzán desfrutou durante toda a fin de semana do mellor das traíñas vascas e galegas. A Liga ACT tingiu de moitas cores o Paseo Marítimo coruñés nunha cita que é  considerada un éxito pola organización. Así o confirmaba o responsable de comunicación da competición Xabier Larrañaga.

"Había medo pola oleaxe pero non se cumpriron as expectativas. O mar en Galicia é mais difícil, con ondas máis rizadas, o vento é diferente. Costa atopar a remada. O espectáculo deportivo é impresionante. Para nós acaparar o Cantábrico e o Atlántico é importante. Ademáis hai clubs galegos que fan un esforzo semanal a competir lonxe. Nós temos que de cando en vez vir aquí. A xente cando sae o calendario mira as saídas para facer escapadas e aproveitar para visitar novos lugares. Ver ás afeccións tinguir de cores a cidade é moi bonito"

Sobre novidades de cara a vindeiros anos Larrañaga adiantou o crecemento da competición feminina, con boas novas para Galicia.

"Igual que cando naceu a ACT masculina, que mantiñamos unha cota de vascos se un descendía, co aumento a oito embarcacións na competición feminina teremos dúas galegas que se manterán durante un tempo para fomentar a canteira,  o remo feminino, darlle forza aos clubs, ter atractivo para a Liga e fortalecer a competición. Queremos manter o equilibrio entre Galicia, Cantabria e o País Vasco"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos