Cargando resultados...
Xa se pode visitar en Ourense a exposición '40 anos do Parlamento de Galicia'
Poderá visitarse ata o vindeiro 24 de abril na sala de exposicións de Afundación, en Ourense
Inclúe, por exemplo, a proposta do Consello de Galiza de Castelao, datada arredor do ano 1943

G24.gal
23/03/2022 21:39
Inaugurouse na sala de exposicións de Afundación en Ourense a mostra O poder da palabra. 40 anos do Parlamento de Galicia.
Está composta por paneis explicativos, un vídeo divulgativo e vitrinas con documentación relacionada co proceso de configuración da autonomía galega.
Á presentación asistiu o presidente do Parlamento de Galicia , Miguel Ángel Santalices, que subliñou a achega de Ourense á configuración do sentimento autonomista e da propia identidade galega.