Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xa se pode circular a 120 km/h en todos os treitos abertos da autovía A-54

Xa se pode circular a 120 km/h en todos os treitos abertos da autovía A-54

En Guntín remata a limitación a 100 quilómetros por hora ao retirar as medidas de contención que non permitían circular a máis desa velocidade durante once quilómetros 

A limitación de velocidade a 100 queda só establecida para transitar polos viadutos

G24.gal 02/12/2025 10:41

Os cambios realizados no valado de protección da A-54 en Guntín permiten os condutores circular a 120 quilómetros por hora neste punto da autovía. Era o único treito aberto desta vía onde a limitación de velocidade estaba marcada en 100 quilómetros por hora.

De agora en diante, este límite sitúase en 120 en todo o trazado que está xa rematado agás no paso polos viadutos.

O cambio chega unha década despois da apertura desta vía e tras as numerosas queixas veciñais, políticas e de transportistas. Para todos eles, esa velocidade non tiña sentido en treitos apenas sen curvas e con pendentes suaves. Un limite que, xunto cos treitos que aínda quedan por abrir desta vía, demoraba a viaxe a Santiago.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade