Publicador de contidos

Publicador de contidos

Entra en funcionamento o Termómetro Acoso Escolar para previr e atallar casos nos colexios galegos

Entra en funcionamento o Termómetro Acoso Escolar para previr e atallar casos nos colexios galegos

A nova ferramenta do profesorado para detectar casos de violencia nas aulas e actuar con dilixencia

Está dirixido ao alumnado de 5º e 6º de primaria, ESO, bacharelato e Formación Profesional

Ferramenta dixital para detectar posibles problemas de acoso entre o alumnado
G24.gal 16/09/2025 14:47

"Os centros educativos teñen xa a ferramenta á súa disposición. Onte se fixo tecnicamente o que é a distribución dos tokens que son necesarios para a formulación de calquera enquisa e xa a partir de hoxe eles poden usala libremente", explica Judith Fernández, directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa

O Termómetro de Acoso Escolar, é xa unha realidade. Esta ferramenta vai permitir detectar se existe ou non vilolencia, dentro e fóra das aulas

"Inconscientemente os nenos fan cousiñas que, se non se atallan a tempo, poden derivar en problemas de acoso", apunta Olga Raíces, directora do CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios

Por iso é importante identificar sinais de alarma.Trátase dun cuestionario dixital que permitirá avaliar o clima de convivencia nos centros escolares ante un indicio de acoso.

"Simplemente é un cuestionario totalmente anónimo en que o alumnado soamente ten que inserir os códigos dun só uso que lle facilita o propio centro educativo e comeza o cuestionario", informa Antón Varela, asesor no Servizo de Inclusión, Orientación e Convivencia

Está dirixido ao alumnado de 5º e 6º de primaria, ESO, bacharelato e Formación Profesional. Pódese contestar en apenas 10 minutos

"As preguntas son deste tipo de cousas que acontecen nos centros. Pois si recibo alcumes, insultos ou burlas, ou si me obrigan a facer cousas que eu non quero facer", continúa o asesor da consellería

Con estas preguntas poden identificar posibles vítimas, espectadores ou persoas que exercen acoso tanto físico como a través de Internet e redes sociais. O Termómetro contra o Acoso enmárcase nun plan integral con outras accións xa en marcha como son os puntos laranxa, caixas de correo para que o alumnado poida realizar denuncias anóminas. O obxectivo final é que os centros escolares sexan espazos seguros e libres de calquera violencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade