Xa están listas as vexigas do entroido de Xinzo
Xa están listas as vexigas do entroido de Xinzo
Constitúen a banda sonora da festa
Hai que secalas, inflalas e afumalas a man
As vexigas xa fan o son axeitado ao batelas para que poidan empregarse nos desfiles do Entroido de Xinzo. É a culminación dun traballo que comezou hai un ano, cando xa se puxeron a recoller vexigas de vaca por todos os matadoiros de Galicia. Agora levan semanas preparándoas a man e afumándoas.
Neste obradoiro xuntaron 800 vexigas e cren que poderían distribuír incluso o dobre, xa que se trata dun elemento escaso, artesán e moi buscado. O normal é que cada vexiga resista un desfile, en función do uso máis ou menos intenso que lle dean. Agás o inflado, todo o proceso é manual, o cal leva moitas horas de traballo.
Grazas a veciños coma estes, que traballan todo o ano, a tradición das vexigas de Xinzo ten o futuro garantido.