Publicador de contidos

Publicador de contidos

Whalley: "Se temos unha oportunidade, é esta fin de semana"

Whalley: "Se temos unha oportunidade, é esta fin de semana"

O porteiro do Lugo considerou que o encontro ante a Ponferradina é clave para manter a esperanza de lograr a permanencia

G24.gal 30/03/2023 11:05 Última actualización 30/03/2023 12:42

Óscar Whalley, porteiro do Lugo, considerou que o encontro ante a Ponferradina o vindeiro domingo no Anxo Carro é clave para manter a esperanza de lograr a permanencia na Liga, que teñen a 13 puntos a falta de 27 por disputar.

"Para nós é o partido, o único que existe, porque, se temos unha oportunidade de que isto non se nos vaia, de meternos na pelexa e seguir crendo, é esta fin de semana, en que o imos deixar todo para gañar", asegurou nunha conferencia de prensa.

O gardameta aragonés recoñeceu que "é das poucas opcións" que lle quedan ao Lugo "para seguir optando ao obxectivo" da salvación. Diante terán outro equipo que ocupa postos de descenso, aínda que os avantaxa en nove puntos na clasificación: 

"A Ponferradina é un equipo moi bo. Ten bastante potencial ofensivo, xoga ben ao fútbol", advertiu.

Whalley foi un dos máis destacados do seu equipo e da categoría de prata polas súas intervencións, pero dixo que non se sente satisfeito porque ao final o obxectivo común, do club, é o máis importante: 

"Cando ao club lle vai ben e cumpre os obxectivos é mellor para cada individuo", explicou o porteiro do Lugo.

O equipo galego non logrou gañar en 2023, tampouco co seu actual adestrador, o cuarto da tempada, Iñigo Vélez, do que destacou "sobre todo a predisposición" coa que chegou ao vestiario xunto ao seu segundo técnico, Moisés Hurtado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade