Vox rexeita o documento do PP para negociar os gobernos de Aragón e Estremadura
"Se necesitan os votos de Vox, deberían preguntar o que queremos", di Santiago Abascal
"Debe decidir se quere que Sánchez pase á oposición ou se a súa prioridade é imposibilitar os gobernos do PP", asegura Núñez Feijóo
A semana e media para as eleccións de Castela e León, Vox arrefría a negociación co Partido Popular para formar gobernos en Estremadura e Aragón. Feijóo pídelle a Abascal que decida cales son as prioridades da formación verde.
Abascal, polo de agora, rexeita a man que lle tendían dende o Partido Popular. Non ve claro o documento en que os populares establecían as condicións para negociar a formación de gobernos, neste caso en Aragón e Estremadura. O líder de Vox asegura que "se necesitan os votos de Vox deberían preguntar o que queremos".
Un documento no que se fala de respecto ao estado de Dereito. Tamén de dar prioridade a proporcionalidade do resultado nas urnas ou o compromiso de aprobar os presupostos. Núñez Feijóo sinala que Vox debe dar prioridade: "Debe decidir se quere que Sánchez pase a oposición ou se a súa prioridade é imposibilitar os gobernos do PP".
Con todo, dende o Partido Popular seguen insistindo que dificilmente se entendería que as dúas formacións non fosen capaces de chegar a un acordo para dar estabilidade aos gobernos de Aragón e Estremadura nos próximos catro anos.