Volven aumentar os contaxios diarios por riba por 1.000, pero seguen baixando os casos e os ingresos
Volven aumentar os contaxios diarios por riba por 1.000, pero seguen baixando os casos e os ingresos
Os casos activos xa están nos 16.865
O Sergas notificou catro decesos por mor da covid nas últimas 24 horas

Os casos activos seguen o seu descenso (-1.203) e xa están por debaixo dos 17.000. En total, hai 16.865 persoas con coronavirus en Galicia.
Pola súa parte, os contaxios diarios aumentan con respecto a onte e rexístranse 1.287 nas últimas 24 horas.
A repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:
Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:
A Coruña: 3.356 (-361)
Vigo: 3.341 (-212)
Ourense: 2.000 (-153)
Santiago: 2.985 (-198)
Lugo: 2.132 (-106)
Pontevedra: 1.913 (-77)
Ferrol: 1.031 (-73)
En canto á ocupación hospitalaria, esta continúa descendendo en planta (-27), pero sobe nas UCI (+1). En total hai 434 persoas ingresadas, 407 e 27 respectivamente.
Con todo, o Sergas notificou catro decesos por mor da covid, que alzan a cifra a 3.109 falecementos desde o inicio da pandemia.
Mapas de incidencia por concellos