Cargando resultados...
Volven á casa os equipos de rescate galegos que foron a Turquía
Insisten en que agora o foco e a axuda deben estar coas vítimas e co pobo que sufriu os terremotos
G24.gal
15/02/2023 21:28
Xa están na casa varios dos equipos de rescate que viaxaron desde Galicia para axudar nas tarefas de recuperación de vítimas do gran terremoto de Turquía. Estivemos con eles.
Están de volta, mais aínda aflixidos pola devastación que deixou tras de si o terremoto en Turquía.
Traballaron entre os cascallos dos edificios derrubados na cidade de Adıyaman, moi preto da fronteira con Siria.
Outro galego, bombeiro en Muros, participou no rescate dun mozo que lograron sacar entre as ruínas.
Foxen de calquera protagonismo. Insisten en que agora o foco e a axuda deben estar coas vítimas e co pobo de Turquía.