Publicador de contidos

Publicador de contidos

Volve o sorriso ao Coruxo, que suma outro triunfo en Fragoselo

Volve o sorriso ao Coruxo, que suma outro triunfo en Fragoselo

Marcaron Silva e Borja Domingo na segunda metade diante do Llanera e xa son cinco xornadas sen perder

G24.gal 19/12/2021 14:00

O Coruxo sumou a quinta xornada sen perder, terceira desde a chegada dos irmáns Montes. E o que é máis importante, sumou o segundo triunfo consecutivo en Fragoselo diante dun rival directo como o Llanera. 

O primeiro tempo non pasará á historia, con poucas ocasións e moito respecto dos dous equipos conscientes do que había en xogo. A segunda parte comezou a decantarse para o Coruxo cun penalti cometido sobre Mateo e transformado por Silva. O segundo gol, logrado por Borja Domingo, foi o golpe definitivo do equipo vigués que controlou o partido á perfección. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade