Publicador de contidos

Publicador de contidos

Regresa o San Xoán de sempre á Coruña, despois de dous anos co lume apagado

Regresa o San Xoán de sempre á Coruña, despois de dous anos co lume apagado

Miles de persoas celebran nas rúas da Coruña o San Xoán máis agardado

Recordan que o baño está prohibido a partir das 22:00 horas

G24.gal 23/06/2022 21:25

Ás sete da tarde comezou o repartimento da madeira para os centos de cacharelas que arderán esta noite nas praias coruñesas, no San Xoán máis agardado tras dous anos de restricións pola pandemia.

Pero moitos, sobre todo xente nova, levan xa horas na praia para coller un bo sitio.

 "Relevamos a unha compañeira que levaba desde as nove da mañá", din uns rapaces.

Serán milleiros de persoas as que celebraran esta noite nas rúas esta noite máxica. Para vixiar pola súa seguridade estableceuse un dispositivo sen precedentes, histórico nunha celebración de San Xoán.

 "É un dispositivo de máis de 640 persoas que vai estar distribuído en tres zonas principais, a maioría aquí en Riazor e Orzán, pero imos ter un dispositivo ao longo de toda a cidade", sinala o xefe de Protección Civil da Coruña.

Tamén na maioría dos locais de hostalaría da cidade haberá sardiñada e churrasco.

"Este ano esperamos máis xente que o ano pasado. O ano pasado fixémolo igual pero coas limitacións que había e aínda así houbo xente, pero este ano agardamos máis xente aínda", afirma o dono dun local de hostalaría.

Para unha noite que promete ser moi longa, protección civil lembra as medidas de precaución.

 "Primeiro hai que recordar que a partir das dez da noite o baño está prohibido, eu recomendaríao con énfase nunha noite como hoxe", sinala Carlos García Touriñán.

O importante, din, é que esta noite sexa segura e de diversión nesta festa declarada de interese turístico internacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade