Publicador de contidos

Publicador de contidos

O lume das cacharelas arde por toda Galicia

O lume das cacharelas arde por toda Galicia

Milleiros de fogueiras afastan todo o malo esta noite en Galicia

Regresa o San Xoán de sempre á Coruña despois de dous anos co lume apagado

G24.gal 23/06/2022 20:52

No barrio da Piringalla, en Lugo, xa levan dende media tarde cos preparativos para o lume novo. A fogueira alcanza os sete metros de alto e supera os vinte na parte mais ancha.

O San Xoán é unha data moi celebrada en toda a provincia de Lugo. En Sarria, ademais, esta noite comezan as festas patronais, con queimada e correfog.

Tamén volven as fogueiras con forza a Nigrán. Os hostaleiros prepárase para recibir unhas 60.000 persoas para as que se desprega un amplo dispositivo de seguridade.

En Ourense o San Xoán cadra coas festas patronais, que duran ata o domingo.  O lume novo vai collendo cada ano máis forza, e no parque da Infesta esta tarde dedicouse a ir preparando as sardiñas.

Cacharelas tamén nos barrios de Santiago, onde se prenderán unhas trinta e, despois, festa sen lume na praza de Mazarelos con música e obradoiros.

Volveu o San Xoán a Galicia. Había moitas ganas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade