Volve o Entroido do verán de Redondela
Tras dous anos de ausencia, milleiros de persoas enchen as rúas principais da vila
O Entroido do verán foi unha iniciativa de hostaleiros e comerciantes para incentivar o turismo e celébrase dende o ano 1998
O concello puxo en marcha medidas de seguridade e unha campaña de sensibilización para gozar da festa con "respecto"
O Entroido do verán de Redondela volveu encher o centro da vila tras dous anos de ausencia.
Un entroido onde o maxín e a fantasía rozan a realidade. Puidemos ver os protagonistas da película de Mad Max en versión galega.
E tamén partidos improvisados da NBA cuns clásicos chegados dende Mos.
Porque en Redondela non falta a diversión con disfraces acordes a esta época do ano.
Dende o Concello puxeron en marcha unha campaña de sensibilización para gozar dun Entroido con respecto.
Esta vixésimo terceira edición chega con moitas medidas de seguridade. Hospitais de campaña e autobuses que achegan ata aquí persoas chegadas dende Vigo, O Porriño e Pontevedra. É unha festa familiar que pola noite cederá o protagonismo á música e ás galas para elixir o mellor disfrace deste Entroido do verán.