Cargando resultados...
Volve a neve a Pedrafita do Cebreiro en plena primavera
A baixada de temperaturas e as precipitacións cobren de branco os cumios da montaña
Visitantes e peregrinos sorpréndese da estampa e do frío a estas alturas do ano
G24.gal
23/04/2022 20:04
Hai que abrigarse ben para soportar o frío que vai este sábado no Cebreiro. O poboado acolle a visita dun grupo de excursionistas procedentes de Noia, que se viron sorprendidos pola neve.
O frío é o prezo que hai que pagar por gozar desta estampa que lembra o inverno, aínda que estamos en primavera.
Sorprende que a montaña presente este manto branco, pero nos últimos tempos é do máis habitual. A nevarada chega con atraso pero, coma sempre, segue atraendo moitos visitantes.
