Volve a ACB con rivais andaluces para os equipos galegos
Volve a ACB con rivais andaluces para os equipos galegos
Hai 15 días enfrontáronse os rivais do Obradoiro e o Breogán. Unicaja e Granada protagonizaron un derbi desequilibrado, con triunfo malagueño por 26 puntos. Unha semana antes, fronte ao Betis, O Unicaja venceu por 36. Os números non axudan xa que o Obradoiro foise ás fiestras FIBA cunha derrota por 27 fronte ao Gran Canaria. Toca rexurdir, de novo no Sar fronte aos xogadores dun Ibón Navarro ao que lle preocupan outros números.
Visitará o Sar Nedim Djedovic, que en 2009 lograra a primara canastra do Obradoiro en ACB. Máis preto no tempo queda a última visita do Breogán a Granada. Valera, nada máis e nada menos, que un ascenso. O Granada seguiu o seu camiño un ano despois e, cun equipo continuísta, iguala os bos rexistros do Breogán neste inicio de liga.