Viveiro, unha localidade pequena cunha Semana Santa grande
As procesións remataron na tarde do domingo co Via Lucis
Foi declarada de Interese Turístico Internacional hai dez anos
A procesión do Via Lucis pechou a Semana Santa de Viveiro, unha festa relixiosa declarada de Interese Turístico Internacional hai unha década. Este ano o tempo axudou e saíron todos os pasos que estaban previstos.
Os levadores prepáranse minutos antes da procesión. Tres mulleres e nove homes encárganse do San Xoán. Nora e Iria son dúas das levadoras.
As campás de Santa María chaman á xente e avisan de que vai saír a procesión. Na praza todo o mundo está expectante polo Encontro de Resurrección entre San Xoán e a Nosa Señora do Sagrado Corazón.
Milleiros de persoas asisten á procesión. A imaxe da praza chea repetiuse durante toda a Semana Santa en Viveiro.