Publicador de contidos

Publicador de contidos

Visto para sentenza o xuízo contra un home acusado de tenza ilicita de explosivos en Pontevedra

Visto para sentenza o xuízo contra un home acusado de tenza ilicita de explosivos en Pontevedra

Os sucesos ocorreron en xaneiro de 2024, cando a Garda Civil sorprendeu o home con  pólvora elaborada por el mesmo para a que non tiña licenza

A Fiscalía solicitaba 5 anos de cárcere por posesión ilícita de explosivos, que se reduciron a 2 porque o acusado confesou os feitos 

Imaxe do xuízo Imaxe do xuízo
G24.gal 05/02/2026 13:23

Esta mañá foi xulgado na Audiencia Provincial de Pontevedra un home arousán acusado de tenza ilícita de explosivos.

O implicado foi sorprendido pola Garda Civil con algo máis de 3 quilos de pólvora negra que el mesmo elaborara mentres realizaba labores de desmonte nun terreo situado no concello de Meis.

Os feitos remóntanse a xaneiro de 2024, cando un coñecido o contratou para levantar un muro de pedra nunha parcela que estaba a ser acondicionada para plantar un viñedo.

Ao realizar o traballo, o implicado atopouse cunha rocha de grandes dimensións na que introduciu 150 gramos de pólvora elaborada por el mesmo para poder cortala.

Foi entón cando se viu sorprendido pola Garda Civil, que lle incautou unha garrafa con máis de tres quilos da substancia tras comprobar que non contaba cos permisos de tenza e uso pertinentes.

Durante a súa declaración, o acusado recoñeceu e amosou arrepentimento polos feitos.

Inicialmente, a Fiscalía solicitaba para el 5 anos de cadea por un delito de posesión ilícita de explosivos.

Con todo, tras a vista desta mañá, consideráronse os atenuantes de confesión e de reparación de danos, pois, tras recibir a chamada de atención das autoridades, o acusado retirou de xeito seguro a pólvora para evitar danos accidentais.

En consecuencia, a pena proposta pasou a ser de dous anos de prisión.

" Incluíndo a atenuante de confesión, e polas tarefas de limpeza da roca na que estaba posta a pólvora, para evitar un risco maior no futuro, foi tido en conta polo fiscal para apreciar unha atenuante de reparación di dano e con iso solicitar unha rebaixa na pena en dous anos en lugar de cinco".

O xuízo quedou visto para sentenza na sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade