Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vinte millóns de persoas baixo a ameaza de treboadas severas nos EUA

Vinte millóns de persoas baixo a ameaza de treboadas severas nos EUA

O sueste dos EUA volverá sufrir hoxe despois de 20 tornados e 26 mortos na fin de semana

G24.gal 27/03/2023 11:02

Máis de 20 millóns persoas desde Texas ata a costa este están baixo a ameaza de treboadas severas para hoxe, incluídas as cidades de Houston e Nova Orleáns. Serán áreas de alto risco o centro de dos estados de Alabama e Xeorxia, onde as inundacións repentinas a nivel local poden ser extremas durante as horas da mañá, segundo advirte o Centro de predición meteorolóxica.

Fin de semana devastador con 26 mortos

Na fin de semana informouse polo menos 20 tornados confirmados en Mississippi, Alabama e Tennessee, segundo o Centro de Predición de Tormentas

Mississippi foi especialmente afectado, con polo menos 26 persoas mortas e ducias feridas, o que levou ao presidente Joe Biden a aprobar unha declaración de desastre para partes do estado.

En Rolling Fork, Mississippi, fogar dunhas 2.000 persoas, un tornado especialmente violento e raro destruíu enormes tramos de casas, negocios e edificios da cidade mentres os residentes se refuxiaban en tallas e armarios. As casas quedaron reducidas a borralla, árbores rabizadas e esnaquizadas e vehículos esmagados despois de ser levantados polo aire.

Os esforzos de busca e recuperación aínda están activos en Mississippi. O persoal de emerxencia tamén traballou para distribuír recursos críticos, como auga embotellada, baños portátiles, baterías e combustible, dixo a Axencia de Emerxencias do estado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade