Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vinte blindados embarcan no porto de Bilbao con destino a Ucraína

Vinte blindados embarcan no porto de Bilbao con destino a Ucraína

España enviará tamén a Ucraína carros de combate Leopard a finais de marzo

G24.gal 07/02/2023 18:29

 Vinte vehículos blindados españois, destinados ao transporte de persoal militar, embarcaron este martes no porto de Bilbao con destino a Ucraína.

Estes blindados anfibios forman parte da axuda a Ucraína para facer fronte á invasión do exército ruso. Chegaron o pasado xoves ao porto de Bilbao procedentes de Zaragoza en varios convois por estrada.

Preto das catro e media da tarde, os vehículos foron conducidos un por un á adega do buque de carga Finneco I, fretado por unha consignataria privada que opera no porto de Bilbao.

Este cargueiro trasladará os blindados ata un porto do mar Báltico.

España enviará tamén a Ucraína carros de combate Leopard, nun número aínda non concretado polo Ministerio de Defensa, que estarán ao dispor das autoridades ucraínas a finais de marzo ou principios da primavera.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade