Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vingegaard prende a moto no Monte Trega

Vingegaard prende a moto no Monte Trega

O último campión do Tour de Francia demostrou estar a un gran nivel e demostra a súa contición de favorito no Gran Camiño

G24.gal 24/02/2023 15:24

Jonas Vingegaard demostrou a súa condición de gran favorito para facerse co Gran Camiño e logrou a vitoria na segunda etapa con final en alto no Monte Trega. 

O Jumbo Visma controlou a carreira e as fuxidas co obxectivo claro de chegar con todas as opcións para o seu xefe de equipo na última ascensión. Primeiro foi Rohan Dennis o que impuxo un ritmo infernal e a dous quilómetros Vingegaard soltou un ataque demoledor que ninguén foi capaz de seguir. 

O dinamarqués, vixente gañador do Tour de Francia, voou a carón dos castros do Trega e sobre as lastras do Vía Crucis, un treito de 300 metros a menos dun quilómetro da liña de meta. 

O portugués Guerreiro, do Movistar, chegou a 21 segundos e Ion Izagirre, do Cofidis, entrou en meta a 24 segundos. Os candidatos xa colleron as posicións importantes pero semella moi difícil poder superar a un xigante do ciclismo mundial. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar