Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vingegaard asegura o Tour nunha vitoria ao esprinte de Pogačar

Vingegaard asegura o Tour nunha vitoria ao esprinte de Pogačar

O esloveno logrou o triunfo ao esprinte por diante do danés

Carlos Rodríguez cae ao quinto posto e Pello Bilbao reafírmase no sexto lugar

G24.gal 22/07/2023 17:20

A falta do paseo triunfal de Vingegaard nos Campos Elíseos, Pogačar logrou a vitoria na derradeira etapa da montaña. Nunha chegada ao esprinte na que Gall e os irmáns Yates acompañaron aos dous monstros, impúxose a forza final do esloveno, que precisaba rematar a carreira con boas sensacións.

Carlos Rodríguez conseguirá un quinto posto na clasificación xeral do seu primeiro Tour, ademais da espectacular vitoria de etapa que gardará sempre no seu recordo. Tras caer no comezo desta proba e sangrar polo rostro, repúxose, mais non chegou para seguir o ritmo dun Yates que o superou na clasificación final.

Pello Bilbao remata cun meritorio sexto posto na clasificación.

Mañá remata este gran Tour que se saldará co segundo título para o ciclista dinamarqués. O vindeiro ano volverá este duelo para ver quen logra o terceiro: Vingegaard ou Pogačar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar