Publicador de contidos

Publicador de contidos

Villar: "Moitas panaderías eliminan o roscón de Reis ou fano só por encargo"

Villar: "Moitas panaderías eliminan o roscón de Reis ou fano só por encargo"

O presidente de CEOPPAN advirte da situación crítica que están a vivir as panaderías artesás e reclaman axudas do Goberno

G24.gal 04/01/2023 08:44

O presidente da Confederación Española de Panadarías e Pastelarías Artesás, Eduardo Villar, critica que o Goberno os deixara fóra das axudas para combater a suba da enerxía ou os combustibles, nun contexto de forte alza das materias primas. 

As tafonas de toda España pararon os fornos durante 15 minutos esta pasada noite e non descartan ir á folga ante unha situación que consideran discriminatoria: "O panadeiro igual ten que facer 40 quilómetros de ir e 40 de volver para ir a unha vila onde viven seis persoas maiores a levarlles pan... Iso non é un servizo público? Non entendemos por que nos deixaron fóra, cando deron axudas ós agricultores, ós camioneiros… ".

Villar calcula que en 2022 pecharon unhas 600 panadarías en España, incapaces de asumir o elevado prezo das materias primas. Unha circunstancia, dixo, que afectará estes días á venda do tradicional roscón de Reis: "Moitas panadarías o que fixeron foi eliminar o roscón de Reis. Outras soamente fan o que se lles encarga. Esperemos que o consumidor entenda a situación e nos prefira ás grandes superficies".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar