Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vila de Cruces celebra a festa do seu produto máis prezado: o galo de curral

Vila de Cruces celebra a festa do seu produto máis prezado: o galo de curral

Repartiron máis de 300 racións de galo guisado con patacas e con arroz. 

Os animais son criados en liberdade durante un mínimo de 9 meses.

A Festa chegou este ano á súa 31ª edición

G24.gal 25/05/2025 14:44 Última actualización 25/05/2025 15:21

Son os protagonistas da festa do Galo de Curral de Vila de Cruces. Aínda que se crían en liberdade, expoñen os animais para que se poida apreciar a súa calidade

"Son unha marabilla, están moi ben mantidos".

"Eu xa teño gana de velos no prato".

Crían os galos durante polo menos 9 meses. O 80 % da alimentación é a base de millo, trigo e produtos da horta, o que explica o sabor especial da súa carne.

"Son galos que non están castrados. A graxa da carne sempre é un pouco máis infiltrada no músculo que teñen", explica o Presidente da Asociación de Criadores de Galo de Curral de Vila de Cruces, Evaristo Rodríguez,

Das racións que se degustan na festa encargouse o cociñeiro local Antonio Asorey. Di que o máis importante e preparar o galo dándolle o seu tempo.

"Non é matalo e xa preparalo, require uns días de cámara, despois telo en adubo 24 horas e facelo de maneira tradicional, que leva un tempo. Este galo levou dúas horas e media ou tres facelo, tranquilamente", explica o cociñeiro.

A asociación do Galo de Curral de Vila de Cruces agrupa 20 criadores. Dos seus currais saen os galos que se están a degustar na festa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade