Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vigo inicia un mes en que ata quince transatlánticos arribarán á cidade

Vigo inicia un mes en que ata quince transatlánticos arribarán á cidade

Este martes atracou no peirao de transatlánticos o MSC Magnífica, o de maior envergadura dos que chegarán nos próximos días

G24.gal 06/09/2022 16:24

Semana de cruceiros en Vigo. Catro transatlánticos farán escala estes días na cidade. Este martes chegou o de maior envergadura: O MSC Magnífica, todo un xigante dos mares de 293 metros de eslora, atracaba no porto vigués sobre as 8 da mañá con 2.500 pasaxeiros a bordo.

Recibiuno a cidade cun ceo nubrado que non lles impide gozar dos múltiples atractivos turísticos de Vigo e da súa área. A Cidade Olívica énchese de pasaxeiros en pleno mes de setembro.

Esta semana farán escala catro transatánticos, pero a vindeira tamén haberá moito movemento no peirao de transatlánticos, con cinco buques que traerán milleiros de turistas.  

Setembro é un mes forte para o turismo de transatlánticos, cun total de 15 escalas, que supoñen un gran revulsivo económico para a cidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar