Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vigo e a súa área suman 354 casos novos

Vigo e a súa área suman 354 casos novos

Hai 6 persoas máis hospitalizadas en planta e 3 menos na UCI

 4.478 casos activos na área sanitaria de Vigo
 

Rúa Urzáiz de Vigo
G24.gal 16/12/2021 14:34

"No hospital as cousas están un pouco mellor, iso é certo, pero segue habendo moita xente que non saíu da casa, que seguiu todas as precaucións e que aínda así pode que morra, é unha inxustiza", apunta María Valeiras, auxiliar de enfermería

A situación na área de Vigo é preocupante. De seguir así, mañá baterá o seu propio récord de contaxios, superará os 4.684 que se rexistraron o 1 de agosto, cando se alcanzou o maior pico dende que comezou este pesadelo.

"Coa aglomeración que houbo estes días é lóxico porque non todo o mundo cumpre as normas. A xente quere máis ou menos normalizar a vida, o comercio necesita traballar para vivir pero creo que se podería compaxinar doutra maneira", comenta un veciño de Vigo.

 "De noite cando a iluminación, iso dá medo", fala outro.

Estas datas son propicias para favorecer a propagación. Hoxe a área de Vigo sumou 354 novos casos, case todos eles vencellados a gromos familiares.

"Eu entendo que pode parecer unha falta de liberdade que non che deixen facer certas cousas que antes si, pero a clave de todo isto é poder volver facelas", continúa María Valeiras, auxiliar de enfermería.

O Porriño e Moaña son os concellos da área coas incidencias máis altas. Tamén preocupa Vigo que sumou máis de 1.200 casos nesta última semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos