Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vigo é a área de toda Galicia onde máis descenden os casos activos

Vigo é a área de toda Galicia onde máis descenden os casos activos

A cara e a cruz da pandemia na área de Vigo

Nun mesmo día curaron 1.370 persoas pero diagnósticáronse 1.058  positivos máis

Rúa Urzáiz de Vigo
G24.gal 24/01/2022 14:13

 "É gratificante saber que baixan os casos porque a verdade que isto estaba sendo un caos", comenta unha rapaza de Vigo.

A incidencia da pandemia baixa en toda Galicia, nótase especialmente na área de Vigo, con 1.370 infeccións menos, polo que os casos totais descenden a 18.876.

 "É unha ledicia para todos que baixaran as taxas de contaxios, verdade? Así que non é o momento de baixar a garda, nin baixar a máscara", opina un rapaz.

"Eu nunca a baixei a verdade, eu sempre ando coa máscara. Cando dicían que pola rúa podiamos estar sen máscara, eu nunca a quitei, ando con moito coidado, entón eu a garda nunca a baixo", continúa a rapaza.

"Deus queira que isto marche xa porque isto está volvendo tola a xente, isto xa é demasiado, dous anos é xa inaguantable de verdade" desexa unha señora maior.

O certo é que as infeccións diarias seguen en niveis altos, hoxe detectáronse máis de 1.000 casos novos, polo que na rúa respirábase unha mestura entre escepticismo e optimismo.

 "Estannos dando unha de cal e outra de area, non sei pero ben, eu sigo tomando as miñas precaucións pero non me fío moito do que se di, sabes", opina unha muller.

"Como todos temos moito coidado, imaxino que en 15 días isto vai estar xa fenomenal", apunta a señora maior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar