Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vigo despide o escritor Domingo Villar nun multitudinario funeral

Vigo despide o escritor Domingo Villar nun multitudinario funeral

Entre os asistentes estaban o presidente da Xunta, o presidente da RAG e o seu amigo, o escritor Pedro Feijóo

Celebrarase outro funeral en Madrid 

G24.gal 19/05/2022 21:06

A cidade que foi escenario dos casos resoltos polo inspector Leo Caldas despediu este xoves ao escritor Domingo Villar. A igrexa de Santiago en Maior, en Vigo, acolleu centos de persoas que quixeron dar un último adeus ao autor.

O cariño a Domingo Villar fíxose sentir tanto dentro como nos arredores do templo. Mentres que no interior se atopaban 300 persoas, nas inmediacións do edificio había outro cento máis.

Entre os asistentes atopábanse o presidente da Xunta, Alfonso Rueda; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o alcalde da cidade, Abel Caballero, ou o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes. Outra personalidade que quixo darlle un último adeus foi o escritor Pedro Feijóo, que se amosou visiblemente emocionado, e o humorista Carlos Blanco.

A súa vida discorreu maioritariamente en Madrid. Por este motivo, celebrarase outro funeral na capela do colexio A Nosa Señora das Marabillas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade