Publicador de contidos

Publicador de contidos

Víctor Senra "Foi un rally complicado pola sucidade e o tempo cambiante"

Víctor Senra "Foi un rally complicado pola sucidade e o tempo cambiante"

O dumbriés leva catro vitorias nas catro probas disputadas do Campionato Galego de Rallys

G24.gal 26/06/2022 09:00

O actual campión do certame leva pleno de vitorias no autonómico e tamén na Copa de España de Ralis de Asfalto, o seu outro gran obxectivo desta temporada. Con Alberto Meira cada vez máis preto nos tempos, Víctor Senra sabe que debe manterse regular se quere seguir coa súa serie triunfal.

"Foi un rally perfecto, grazas ao traballo do equipo, do copiloto e do coche. Estivo difícil pola sucidade e pola meteoroloxía, que cambiou moito. Houbo que estar atento a que rodas poñer, polo menos pola mañá. Alberto atacou e houbo que estar moi atentos para manter a diferenza. Agora a seguinte proba é no Sur do Condado, en Salvaterra de Miño. É a súa casa e a de Jorge Pérez. Alá iremos baternos con eles e acadar un bo resultado"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos