Publicador de contidos

Publicador de contidos

Víctor Senra campa ás súas anchas no Rally de Ferrol

Víctor Senra campa ás súas anchas no Rally de Ferrol

O de Dumbría gañou os sete treitos cronometrados e sacoulle case dous minutos a Alberto Meira

G24.gal 23/08/2025 21:21

Víctor Senra compite noutra liga. Quedou claro no Rally de Ferrol onde gobernou a proba con total autoridade desde o primeiro ata o último treito. No TC1 entre Irixoa e Monfero sacoulle 16 segundos a Berdomás e 18 a Cagiao. Este último foi o que máis preto estivo de Senra ata que cometeu un erro no terceiro treito que o sacou da posibilidade de loitar polo podio. 

Jorge Cagiao buscou a remonta, pero non conseguiu achegarse a un Alberto Meira moi regular. Púxose de segundo no TC5 con final nas Somozas e non soltou ese segundo chanzo do podio ata o final. Por diante ían caendo os treitos a prol de Senra que acabou a proba con 1:40 sobre Meira e 1:57 por diante de Berdomás. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade