Víctor Senra pasará polo quirófano: "Temos unha pequena intervención, axiña volvemos"
Fixo estas primeiras declaracións na presentación do coche de Iván Ares para o próximo Supercampionato
Primeiras palabras de Víctor Senra tras anunciar que non comezará o Campionato Galego de Rallys. O piloto de Dumbría pasará polo quirófano.
"Temos unha pequena intervención. Axiña volvemos. O tempo necesario. Máis fortes".
Sen el, Senra fai o seu prognóstico para o Campionato Galego. Fíxoo na presentación do coche de Iván Ares para o próximo Supercampionato.
"Están Meira e Berdomás. Non sabemos que imos facer. Gozar dos rallys e apoiar"
Víctor Senra, nove veces campión galego, anunciou hai unhas semanas que non comezará o Campionato Galego de Rallys. Faino por prescripción médica por un problema cardíaco que "precisa controlar".
Berdomás: "Unha mala sorpresa. Moito ánimo, volver pronto".
Meira: "Moitos ánimos, que se recupere o antes posible para botar carreiras coma estes anos".
Víctor Senra (Dumbría, A Coruña) é un dos pilotos máis destacados do automobilismo galego contemporáneo. Fillo do tamén piloto Manolo Senra, medrou entre tramos e motores, convertendo esa herdanza nunha traxectoria propia marcada pola regularidade e a ambición competitiva.
Ao longo da súa carreira consolidouse como referente no Campionato Galego de Rallys, acumulando varios títulos autonómicos e destacando tamén en probas do Supercampionato de España de Rallys. Ao volante de vehículos como o Citroën C3 Rally2, Senra caracterízase por unha condución limpa, eficaz e moi constante, calidades que o levan a ser un habitual dos podios.