Publicador de contidos

Publicador de contidos

Víctor Senra domina con man de ferro o Rally Sur do Condado

Víctor Senra domina con man de ferro o Rally Sur do Condado

Gañou todos os treitos e sacoulle máis dun minuto a Alberto Meira

G24.gal 09/07/2022 22:05

Víctor Senra continúa co seu dominio total do Campionato Galego de rallys. Levou o Sur do Condado sacándolle máis dun minuto a Alberto Meira e case tres a Jorge Pérez, que sufriu unha penalización no treito inicial. 

Desde o inicio do Rally Senra marcou diferenzas. En Salceda de Caselas (T1) comezou meténdolle dez segundos a Meira. Treito a treito foron abrindo distancias porque Víctor Senra e o copiloto Alejandro López marcaron o scratch en todas e cada unha das doce pasadas das que constaba o percorrido. Meira tentouno de todos os xeitos pero foi incapaz de deter ao pentacampión galego. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade