Publicador de contidos

Publicador de contidos

Viaxar de Ourense a 90 destinos internacionais xa é posible cun só billete que inclúe tren e avión

Viaxar de Ourense a 90 destinos internacionais xa é posible cun só billete que inclúe tren e avión

Trátase do servizo Train & Fly que puxeron en marcha de xeito conxunto Renfe e Iberia

O billete inclúe a viaxe en tren, a conexión entre a estación de Madrid e o aeroporto e o voo

Ourense é o único lugar de Galicia onde se pode contratar este servizo, que funciona en 14 cidades españolas

G24.gal 10/03/2022 14:50

A chegada do AVE trae unha auténtica revolución a Ourense, que agora vai quedar conectado con máis de 90 destinos aéreos internacionais. Iso é posible grazas a unha iniciativa conxunta de Iberia e de Renfe.

Cun único billete os viaxeiros poderán subir ao tren aquí en Ourense, ir ata a T4 en Madrid e alí coller un avión de Iberia a preto dun cento de destinos por todo o mundo.

Trátase dun servizo que xa estaba en marcha en cinco cidades españolas e que agora se amplía ata un total de 14, entre elas Ourense, a única galega.

Entre as vantaxes para os viaxeiros, ademais de ser máis económico, ao ser unha viaxe en conexión, se se perde algún enlace deben garantirnos unha alternativa.

Non ten aeroporto, pero Ourense xa conta con código aeronáutico. Aparécenos no billete co que podemos viaxar da Cidade das Burgas ata 90 destinos internacionais.

O diferente é que agora podemos facelo cun só billete que nos inclúe o tren, as conexións entre a estación e o aeroporto e o voo.

Ourense é a única cidade galega na que está en marcha este servizo das 14 que hai por toda España.

Os billetes xa se poden adquirir tanto en axencias de viaxes como nas páxinas web de Renfe e Iberia. Estímase que unhas cen mil persoas farán uso deste servizo en todo España durante o 2022.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade