Cargando resultados...
Vésperas de cambios no sistema de pensións
A xubilación dos baby-boomers obriga a introducir cambios
A ampliación do período de cómputo dos 25 aos 28 anos, última proposta
Antón Montero
19/12/2022 15:49
O futuro das pensións volve estar no primeiro plano do debate público. A inminente xubilación da xeración do baby boom aboca ao sistema a unha tensión para a que non serven as fórmulas usadas ata agora.
De momento, as propostas que están sobre a mesa non satisfán a todos os actores. Europa pide solucións antes de final de ano.